Mesa de Salomón
A Mesa de Salomón (de Salomón, rei de Israel, 978-931 a. C.), mito coñecido tamén polos nomes de Táboa de Salomón e Espello de Salomón, é o motivo dunha lenda que conta que nela o rei escribiu todo o coñecemento do universo, a fórmula da creación e o nome verdadeiro de Deus: o Shem Shemaforash, que non pode escribirse xamais e que só debe pronunciarse para provocar o acto de crear.
Segundo a tradición cabalística, Salomón confíao a unha forma xeroglífica de alfabeto sagrado que, aínda que evita a escritura do Nome, contén as pegadas necesarias para a súa dedución. Este xeróglifo ten como soporte material un obxecto: a chamada Mesa de Salomón.[1]
De acordo con esta lenda, a transcendencia da táboa está en que dará ao seu propietario o coñecemento absoluto (xa que o pronunciar o nome de Deus significa abarcar toda a súa creación), pero o día que sexa encontrada a fin do mundo estará próxima.
Descrición
[editar | editar a fonte]Hai tantas descricións da Mesa como cronistas do mito:
- Segundo o Ajbar Machmua, unha crónica bérber do século XI, é unha mesa cuxos bordos e pés, en número de 365, eran de esmeralda verde.
- Al-Macin asegura que estaba composta por unha mestura de ouro e prata con tres zanefas de perlas.
- Segundo as ordes de Yavhé, debería estar feita de madeira de acacia e cuberta de ouro puro, sen prata nin perlas,[2] aínda que na descrición que fixo Salomón só menciona que era de ouro.[3]
Existe a teoría de que a Mesa de Salomón descrita polos musulmáns españois era a Tabula Smaragdina, atribuída a Hermes Trismegisto:
"Esta Mesa de Esmeraldas tense dito que era a Táboa-Mesa de Salomón. O seu nome recorda a Táboa Esmeraldina do hermetismo alquimista, que dá título a un dos textos herméticos atribuído a Hermes e gravado nunha táboa de esmeralda dunha soa peza".[4]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arroyo Durán, Fernando (2006): Hispania incógnita ("Zulema y la leyenda de la Mesa del rey Salomón", cap. XIV, páxs. 223 e ss.) Editorial Aguilar. ISBN 84-03-09733-6 [1]
- Carmona Sánchez, José Ignacio (2011): Toledo y la Mesa de Salomón; entre Escila y Caribdis. Ledoria. ISBN 978-84-95690-94-4 [2]
- Eslava Galán, Juan: El enigma de la mesa de Salomón. Editorial Osuna. ISBN 84-08-01192-8
- Rubiera Mata, María Jesús (1980): "El enigma de la mesa de Salomón". Awraq: Estudios sobre el mundo árabe e islámico contemporáneo, 3, páxs. 26-31.